RODA EN VERDE

O impacto ambiental xerado nas rodaxes podería reducirse notablemente establecendo estándares e políticas máis ecolóxicos e respectuosos coa nosa contorna. Vigo Film Office está comprometida co medio ambiente e por iso animámosvos a ter en conta unha serie de prácticas de desenvolvemento sostible que permiten minimizar o impacto ambiental derivado das actividades audiovisuais na cidade.

RESPECTA AS LOCALIZACIÓNS

Ten en conta a lexislación ambiental das localizacións da rodaxe, especialmente se están protexidas, e considera factores como a proximidade.

PROVEEDORES SOSTIBLES

Elixe provedores locais e cunha actividade que provoque o mínimo impacto na contorna.

Green screen

HOSPEDAXE PRÓXIMA

Elixe aloxamentos próximos ao principal espazo de rodaxe. Dá preferencia a hoteis sostibles.

OPTIMIZA OS CONSUMOS

Optimiza o consumo de enerxía apostando por lámpadas LED, enerxía solar, baterías  recargables, redución do papel … E feixe un uso sostible da auga.

.

LEGADO

Unha vez finalizado a rodaxe idea unha forma de compensar a pegada de carbono participando nalgún proxecto ambiental na localización principal da rodaxe.

.

TRANSPORTE EFICIENTE

Elixe transportes eléctricos ou híbridos e trata de organizar de maneira eficiente os desprazamentos.

RECICLAXE SEMPRE

Organiza a separación de residuos e coloca puntos de reciclaxe mediante contedores diferenciados e accesibles. Evita a compra de produtos de usar e tirar.

Sello Verde